AVISO LEGAL

O acceso e a participación nos diferentes foros permanentes, no taboleiro de anuncios e nos chats ou faladoiros que se desenvolven na páxina web de CENTAC implican a aceptación e o cumprimento destas Condicións Particulares:

  • Os usuarios de foros, blogs, taboleiro de anuncios e chats comprométense a respectar as presentes Condicións Xerais de Uso, a lexislación vixente, as esixencias da moral e os bos costumes xeralmente aceptados. En particular, os usuarios destes servizos evitarán calquera atentado contra a dignidade e a liberdade das persoas, así como contra calquera outro dereito e liberdade fundamental recollido na Constitución Española e na Declaración Universal de Dereitos Humanos.
  • Os usuarios evitarán calquera tipo de manifestación falsa, abusiva, obscena, ameazadora ou que infrinxa de calquera modo a lexislación vixente.
  • As intervencións dos usuarios estarán sempre presididas polo respecto a terceiras persoas, participantes ou non nos foros ou faladoiros, e cara ás opinións do resto dos participantes. Considerando a natureza destes servizos, resulta practicamente imposible a revisión ou control das mensaxes enviadas polos usuarios, polo que CENTAC non pode en modo ningún responsabilizarse das manifestacións ou opinións que se puidesen expresar nos diferentes foros permanentes, no taboleiro de anuncios ou nos chats ou faladoiros que se desenvolvan no seu seo.
  • Non obstante o anterior, CENTAC procurará en todo momento a correcta utilización destes mecanismos ou servizos, e velará polo máximo respecto á dignidade das persoas e á liberdade de expresión amparada pola Constitución Española, reservándose en todo caso o dereito a denegar ou eliminar as intervencións de contidos ilícitos ou que considere inconvenientes sen necesidade de xustificación ou explicación ningunha, en canto teña coñecemento efectivo das mesmas.
  • As opinións aportadas aos diferentes foros de debate ou faladoiros, permanentes ou ocasionais, serán transcritas e postas ao dispor en liña de calquera interesado que desexe consultalas. Por conseguinte, os autores daquelas achegas que, pola súa orixinalidade, puidesen ser cualificadas como obras a tenor da Lei española de Propiedade Intelectual, ceden a CENTAC os dereitos de reprodución e comunicación pública sobre estas contribucións en réxime de non exclusividade. A cesión enténdese realizada a título gratuíto, terá duración ilimitada e eficacia a nivel mundial.
  • Calquera mensaxe enviada aos foros ou aos chats implica a súa cesión ilimitada e irreversible e poderá ser reproducida por CENTAC en calquera sección do sitio Web.
  • Os usuarios obríganse a que o contido aportado á páxina web de CENTAC non conterá material suxeito a dereitos de propiedade intelectual de terceiros ou material suxeito a outros dereitos de propiedade industrial de terceiros (incluíndo dereitos de exclusividade ou publicidade), a non ser que o titular legal destes dereitos lles teña outorgado unha licenza ou autorización formal, ou estea legalmente autorizado de calquera outra forma, para publicar o material en cuestión.
  • Patronos de CENTAC: El Corte Inglés, Fund. ONCE, Fund. Vodafone, Telefónica, Tüv Rheinland, CERMI, RPSD, Red. CEAPAT, CRE