AXUDA

A continuación detállase o funcionamento xeral das distintas seccións e ferramentas de comunicación da web. Se desexa consultar unha descrición pormenorizada de cada unha delas, pode facelo consultando o manual de usuario da aplicación:

Solicitude de conta de usuario

Un usuario anónimo pode consultar todas as páxinas públicas da aplicación, consultar as novas e eventos da axenda e ler as mensaxes dos foros e as entradas de blogs publicadas polos usuarios.

Sen embargo, se quere participar nos foros ou comentar as entradas de blogs, terá obrigatoriamente que solicitar unha conta de usuario.

Para facelo debe seguir os seguintes pasos:

  • Premer na ligazón "Crear nova conta" que se atopa na cabeceira de todas as páxinas
  • Cando se cargue a páxina, encher os seguintes campos:
    • Usuario: O nome de usuario que se empregará na aplicación. Se alguén xa está usando este nome de usuario non se permitirá utilizalo de novo.
    • Enderezo de correo electrónico: Unha conta de correo electrónico válida á que se enviará o código de activación da conta. Se alguén xa utilizou esta conta para crear un usuario non se permitirá utilizala de novo.
    • Nome: O nome real do usuario.
    • Apelidos: Os apelidos reais do usuario.
    • Aceptación da LOPD: Marcando esta casa, o usuario acepta que os seus datos persoais se garden nunha base de datos a efectos de xestión da súa conta.
    • Subscrición a Boletín de CENTAC (opcional): Se se marca esta casa, o usuario acepta recibir no seu correo electrónico os boletíns que envíen os administradores desde a aplicación.
    • CAPTCHA: Esta é unha ferramenta para evitar que os sistemas de envío de spam (correos non autorizados) creen usuarios de modo automático. O usuario debe introducir no campo de texto as letras que aparecen na parte superior do CAPTCHA. Os usuarios que non poidan ler correctamente as letras poden solicitar unha nova frase premendo no botón marcado con "Obter un novo reto" do propio CAPTCHA ou solicitar unha versión en audio premendo o botón marcado como "Obter un reto audible".
  • Despois de inserir os valores dos campos, premer no botón "Crear nova conta". Ao facelo, enviarase un correo de confirmación ao enderezo de correo electrónico indicado polo usuario.
  • Abrir o xestor de correo electrónico do usuario e seguir as instrucións que figuran na mensaxe recibida. Basicamente, indicarase ao usuario que prema nunha ligazón a unha paxina do CENTAC na que se confirmará a existencia do usuario.

A partir de que o usuario confirme a nova conta poderá acceder á aplicación identificándose co seu nome de usuario e o contrasinal asignado.

Acceso de usuarios rexistrados

Para poder participar nos foros ou enviar mensaxes aos blogs, os usuarios deben primeiro identificarse na aplicación cun usuario válido.

Para facelo existen dous campos na parte superior denominados "Usuario" e "Contrasinal". Despois de introducir neles os datos correctos dun usuario existente e activo, débese premer na ligazón "Iniciar sesión".

Se os datos son correctos, amosarase á esquerda das páxinas un menú identificando o usuario e amosando unha serie de ligazóns:

  • A miña conta:
  • Crear contido: Esta ligazón presenta dúas subligazóns:
  • Entrada de blog: Desde esta ligazón pódese crear unha nova entrada no blog do usuario.
  • Tema do foro: Desde esta ligazón pódese crear un novo tema nos foros da aplicación.
  • Resumo de contido: Esta ligazón leva a un listado cos últimos contidos subidos á aplicación, ordenados por data de creación.
  • Rematar sesión: Premendo esta ligazón remata a sesión do usuario.

Multiidioma

As páxinas de contido da web e a interface da aplicación están dispoñibles en cinco idiomas: castelán, catalán, vasco, galego e inglés.

Na parte superior esquerda de todas as páxinas da aplicación existe unha lista de cinco ligazóns a cada un destes idiomas ("Bienvenido", "Benvigut", "Ongi etorri", "Benvido" e "Welcome"). Premendo na ligazón correspondente, a páxina que estea cargada nese momento cambiará a súa versión no idioma seleccionado, e a partir de entón a navegación realizarase neste idioma ata que se volva seleccionar outro.

As novas e eventos da axenda insírense sempre en castelán.

Os usuarios poden introducir os contidos de blogs e foros no idioma que desexen.

Buscador de contidos

Na cabeceira da páxina existe unha caixa de texto denominada "Buscador". Cando se introducen un ou máis termos nesta caixa e se preme na ligazón "Buscar" cárgase unha páxina co listado de elementos da web que cumpren os criterios de busca.

Esta busca realízase sobre os contidos en HTML que se amosan na páxina. Despois de realizar esta busca, se se preme na pestana "Adxuntos" do listado, repetirase a busca pero sobre o contido dos distintos ficheiros achegados ás distintas páxinas. Por exemplo, se se engadiu un ficheiro PDF a unha nova e no ficheiro inclúese o termo buscado, o ficheiro PDF aparecerá nos resultados da busca nesta pestana.

Foros

Os foros da aplicación están dispoñibles na sección "Participa" > "Foros" da aplicación. Chégase a eles premendo na ligazón "Participa" do menú principal e logo na ligazón "Foros" do menú secundario.

Na páxina de foros preséntase un listado de todos os foros dispoñibles. Premendo en cada un deles amósase o listado dos temas enviados ao foro. E premendo nos temas amósase tanto a mensaxe inicial como todas as respostas que se foron engadindo á mesma.

Un usuario anónimo pode acceder aos foros e consultar os seus temas, pero non pode participar neles enviando as súas propias mensaxes ou respostas. Para facelo debe primeiro solicitar unha conta de usuario e identificarse na aplicación.
Todos os usuarios rexistrados poden enviar mensaxes e respostas aos foros, e editar as súas mensaxes ou mesmo borrar un tema se é o creador orixinal do mesmo.

Existe un tipo de usuario denominado "Moderador de Foros e Blogs" que pode editar e borrar calquera tema (ademais do usuario "Administrador"). Ademais, os administradores da aplicación poden designar  un usuario calquera moderador dun foro particular. Nese foro, o usuario terá os mesmos poderes que un usuario de tipo "Moderador de Foros e Blogs".

Blogs

Cando se crea un novo usuario, este ten automaticamente a opción de escribir entradas nun blog da súa propiedade exclusiva. Sobre este blog poderá escribir as entradas que desexe, premendo nas ligazóns "Crear contido" > "Entrada de blog".

Calquera usuario rexistrado pode engadir un comentario sobre a entrada do blog doutro usuario, premendo na ligazón "Engadir novo comentario".

Un usuario pode editar ou borrar as súas entradas de blog ou os seus comentarios en calquera momento. Un usuario "Administrador" ou "Moderador de Foros e Blogs" pode editar ou borrar calquera entrada ou comentario.

Novas

Os usuarios de tipo "Autor" poden crear novas noticias que se publican de modo automático na web. As novas aparecen ordenadas da máis recente á máis antiga na sección "Novas", accesible desde o menú principal, e tamén na páxina de inicio ou na sección apropiada do menú da dereita que se amosa nas páxinas da aplicación.

Axenda

Os usuarios de tipo "Autor" poden crear novos eventos da axenda que se publican de modo automático na web. Os eventos aparecen ordenados de máis próximo a máis afastado na sección "Axenda", accesible desde o menú principal, e tamén na páxina de inicio ou na sección apropiada do menú da dereita que se amosa nas páxinas da aplicación.

Adicionalmente, os eventos poden consultarse no calendario que aparece á dereita das páxinas da aplicación. Este calendario amosa por defecto o mes actual co día actual sombreado e os días que teñen eventos subliñados. Pódese navegar por outros meses premendo nas ligazóns "Anterior" e "Seguinte".

Se se preme nun dos días subliñados (é dicir, que teñen eventos programados) cárgase unha páxina cos datos do evento, que inclúen a organización que o convoca, o lugar, a descrición, etc.

Boletíns

Os administradores poden crear boletíns que se enviarán vía correo electrónico aos usuarios. Para facelo cómpre que os usuarios estean subscritos aos boletíns da aplicación durante a creación de usuario.

Nos boletíns inclúense resumos dos contidos da web seleccionados polos administradores, xa sexan novas, eventos da axenda ou calquera outro tipo de contido. Cando o correo lles chegue aos usuarios, estes resumos incluirán ligazóns para acceder ao detalle do elemento dentro da web de CENTAC.

  • Patronos de CENTAC: El Corte Inglés, Fund. ONCE, Fund. Vodafone, Telefónica, Tüv Rheinland, CERMI, RPSD, Red. CEAPAT, CRE