OBXECTIVO E SERVIZOS

O CENTAC é un centro dedicado a promover o desenvolvemento das tecnoloxías de accesibilidade nos eidos empresarial, industrial e de servizos, co fin de facilitar o acceso a elas e mellorar a calidade de vida dos maiores, as persoas con discapacidade e as súas familias.

O CENTAC contempla os seguintes servizos:

  • Converterse no referente estatal en adaptación de tecnoloxías para persoas con discapacidade.
  • Aglutinar proxectos das principais empresas do sector e promover o ensaio, a innovación, a avaliación e a mostra dos avances en accesibilidade e deseño para todos.
  • Aportar visibilidade internacional á tecnoloxía española de accesibilidade, fomentando os procesos de cooperación coa industria en proxectos I+D+i e mediante a participación activa dos usuarios.

Para lograr estes obxectivos, o centro fornecerá os seguintes servizos:

  • Realizar una labor de comunicación sobre os procesos de normalización, innovación, transferencia tecnolóxica e cooperación. Esto servirá para contribuír á posta en común do coñecemento sobre o sector. O servizo estará dirixido á industria, os prescritores e usuarios.
  • Ofrecer soporte á elaboración de catálogos de produtos e distribuidores de tecnoloxías da accesibilidade.
  • A constitución dun Observatorio de Vixilancia e Prospectiva sobre as Tecnoloxías da Accesibilidade que elabore estudos sectoriais e tecnolóxicos.
  • Un laboratorio de demostración e ensaios. Será un centro de experimentación no que se:
    • Estudan normativas e especificacións técnicas
    • Avalían produtos
    • Comproba a adecuación de produtos aos estándares de accesibilidade
    • Analízanse as solucións máis innovadoras.

    Ademais, nas instalacións do CENTAC instalouse un centro domótico de demostración de tecnoloxías no que se realizan probas con usuarios reais.

  • Servizos de acreditación, incluíndo o deseño de métodos de ensaio e certificación de produtos.
  • Apoio ao desenvolvemento lexislativo e de normativa técnica. Supón o soporte á dimensión tecnolóxica e industrial da Lei de Igualdade de Oportunidades, Non Discriminación e Accesibilidade Universal das Persoas con Discapacidade (LIONDAU) e a participación en grupos e comités técnicos de normalización.
  • Formación de profesionais. Co obxectivo de contar con profesionais cualificados no desenvolvemento de contornos e produtos. Impartiranse cursos formativos en temas relacionados, como a accesibilidade e usabilidade en portais de información en internet. Elaboraranse ademais guías e materiais didácticos sobre deseño accesible.
  • Promoción da transferencia tecnolóxica. Darase pulo á cooperación entre universidades e universidades e empresas, así como á I+D+i entre os fabricantes.
  • Constitución dunha rede de centros de referencia en I+D. Incluirá o apoio á participación cooperativa de centros públicos e privados en convocatorias internacionais e nacionais de apoio á I+D.
  • Patronos de CENTAC: El Corte Inglés, Fund. ONCE, Fund. Vodafone, Telefónica, Tüv Rheinland, CERMI, RPSD, Red. CEAPAT, CRE