TECNOLOXÍAS

No contexto temático das Tecnoloxías Accesibles, o CENTAC proporciona unha serie de servizos como son: Buscadores de Produtos de Apoio e de Fabricantes, Estudos e un servizo de Vixilancia Tecnolóxica.

Estudo

O CENTAC quere garantir a igualdade de acceso á Sociedade da Información de todas as persoas, independentemente da súa condición física ou social.

Na liña deste obxectivo, o Centro publica o Estudo sobre as tecnoloxías da accesibilidade en España 2008. Este estudo analiza o estado actual do sector da accesibilidade en España. Tamén examina a situación do sector de produtos de apoio á discapacidade.

Con este informe téntase ofrecer un punto de partida para a toma de medidas que conduzan á plena integración de todos os cidadáns.

Buscador de produtos de apoio

Esta ferramenta vaille permitir buscar un produto de apoio que facilite a súa vida cotiá.

O buscador inclúe todas as tecnoloxías da accesibilidade dispoñibles no mercado.

Ademais das tecnoloxías, recompila información sobre as súas características, o xeito de acceder a elas e os seus fabricantes e distribuidores.

  • Patronos de CENTAC: El Corte Inglés, Fund. ONCE, Fund. Vodafone, Telefónica, Tüv Rheinland, CERMI, RPSD, Red. CEAPAT, CRE